Novo minibarebone de Shuttle
venres, 22 de agosto do 2008
Mentres fabricantes coma Asus e Dell están xa a lanzar equipos sobremesa de
reducido tamaño e consumo, un fabricante tradicional destes minibarebones non está quieto e lanza o Shuttle
X27, que inclúe un procesador Intel Atom, chip gráfico integrado Intel GMA
950, 4 portos USB, conectores de audio, saídas de vídeo (VGA e DVI), un consumo
de entre 23 e 36 vatios (fronte aos máis de 200 vatios que consume un ordenador
medio), un
nivel de ruído moi reducido (uns 23 dB) e unhas dimensións de apenas 25,4 x
17,8 x 7 centímetros. O seu lanzamento nos EE.UU. está programado para o mes de
setembro, e aínda non se concretou a súa data de venda en Europa.
Este tipo de equipos resultan moi atractivos tanto para xente que non quere que
o seu ordenador ocupe moito espazo como para os usuarios que o queren conectar
a un televisor no salón da súa casa, buscando utilizalo coma Media Center, xa
que o seu reducido tamaño o fai tan manexable coma un reprodutor de DVD.