Novo móbil con Android de Samsung

luns, 5 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Tras o prometedor Samsung Galaxy, o fabricante surcoreano continúa a súa aposta polo sistema operativo promovido por Google, que responderá ao nome de Samsung Behold II, e ao que non faltará conectividade 3G, pantalla AMOLED de 3,2 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles con autoenfoque e flash, GPS, Bluetooth, Wi-Fi e lector de tarxetas de memoria microSD de ata 16 Gb.
Este novo terminal fará uso da interface de usuario TouchWiz (implementada nun cubo tridimensional) e polo momento non sabemos cando venderase en Europa.

PUBLICIDADE