Novo móbil con Android e Dual-SIM
mércores, 28 de xaneiro do 2009O mes que vén
General Mobil vai
levar ao Mobile World Congress un novo terminal telefónico co sistema
operativo Android (está confirmado que funcionará cun Linux con kernel 2.6, de
aà que entendamos que conta con sistema operativo promovido por Google) que
parece ser dos poucos que mesturan grandes prestacións cun deseño atractivo, o
DSTL1, que destaca por ser Dual-SIM, contar cunha pantalla táctil de
3 polgadas cunha resolución de 240 x 400 pÃxeles, Wi-Fi, conectividade tribanda,
radio FM, Bluetooth e unha cámara de 5 MpÃxeles con foto automático e flash
LED.
O DSTL1 funciona cun procesador Marvell PXA 310 a 624 MHz, conta con 4 Gb de
memoria interna , le tarxetas microSD de ata 8 Gb, ten unha baterÃa de 1.200
mAh que darÃa unha autonomÃa de 4 horas en conversa e 150 en espera, aÃnda que
conta cunha eiva importante: carece de conectividade 3G, o que resulta
incomprensible para un terminal de tan altas prestacións que se comercializará
no terceiro trimestre do ano. Este detalle pode dar a entender que non estará dispoñible
en Europa, limitando a súa distribución a mercados emerxentes, onde a
conectividade UMTS/HSDPA aÃnda non é habitual.