Novo móbil de gama baixa de Poco
luns, 1 de setembro do 2025
A liña de móbiles Poco de Xiaomi prepárase para lanzar novos dispositivos económicos esta mesma semana, incorporando ao seu catálogo o novo Poco C85, que se atendemos aos anuncios que fan para o mercado alemán, terá un prezo de lanzamento de 119,90 euros para a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e de 129,90 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, conseguindo asà manter un prezo moi axustado.
Estamos ante un smartphone cunha xenerosa pantalla de 6,9 polgadas (aÃnda que cunha resolución de só 1.600 x 720 pÃxeles), procesador Helio G81-Ultra, almacenamento eMMC 5.1, cámara traseira de 50 MpÃxeles, cámara frontal de 8 MpÃxeles, conectividade 4G, Bluetooth 5.4, NFC, conector para auriculares, radio FM e unha ampla baterÃa de 6.000 mAh con carga rápida de 33 watts. Ou sexa, que o Poco C85 é claramente un móbil de gama baixa, pero que coida detalles como a autonomÃa, o tamaño de pantalla e o prezo, polo que deberÃa de atopar o seu oco de mercado rapidamente.
