Novos móbiles de gama media de Nothing
xoves, 5 de marzo do 2026
Nothing amplÃa a súa gama media cunha nova xeración de smartphones, os Phone (4a) e Phone (4a) Pro, dous dispositivos que incorporan caracterÃsticas propias de modelos de gama alta mantendo prezos contidos. A compañÃa de Carl Pei aposta por renovar o deseño, mellorar as pantallas e reforzar o apartado fotográfico, ao tempo que introduce novas funcións baseadas en intelixencia artificial dentro do sistema operativo Nothing OS 4.1.
O cambio máis notable chega co Phone (4a) Pro, que abandona o tradicional deseño traseiro translúcido da marca para adoptar unha estrutura unibody metálica dispoñible en negro, prata e rosa. O teléfono integra tamén unha nova versión da interface luminosa Glyph Matrix, agora máis grande e máis brillante que na xeración anterior. O novo deseño contribúe ademais a mellorar a resistencia do terminal, que conta con certificación IP65 fronte á auga e ao po, e cun sistema de disipación térmica optimizado.
O Phone (4a) Pro incorpora unha pantalla AMOLED de 6,83 polgadas cunha taxa de refresco de 144 Hz e un brillo máximo de 5.000 nits. Integra unha baterÃa de 5.080 mAh que permite ata 17 horas de uso. No apartado fotográfico inclúe catro cámaras: un sensor principal de 50 megapÃxeles, unha cámara frontal de 32 megapÃxeles, un sensor ultra grande angular e un teleobxectivo periscópico tamén de 50 megapÃxeles capaz de alcanzar un zoom máximo de 140 aumentos.
En canto ao procesador, Nothing optou polo Snapdragon 7s Gen 4, un chip de gama media de Qualcomm que, aÃnda que non alcanza o rendemento das plataformas máis avanzadas, está preparado para executar as funcións de intelixencia artificial que a compañÃa está a integrar progresivamente nos seus dispositivos.
VÃdeo de presentación do Nothing Phone (4a) Pro
O Phone (4a) mantén en cambio a identidade visual máis recoñecible da marca, cun traseiro translúcido que evoluciona respecto á xeración anterior e que estará dispoñible en branco, rosa, negro e azul. O modelo introduce tamén unha nova barra luminosa denominada Glyph Bar, máis brillante e situada en liña recta xunto ao módulo de cámaras. O terminal conta cunha certificación IP64 de resistencia á auga e ao po.
Este modelo tamén incorpora un sistema de catro cámaras, cun sensor principal de 50 megapÃxeles capaz de captar un 64 % máis de luz que o da xeración anterior, unha cámara frontal de 32 megapÃxeles, un sensor ultra gran angular e un teleobxectivo periscópico tetraprismático de 50 megapÃxeles que ofrece un zoom óptico de 3,5 aumentos, un zoom sen perda de ata 7 aumentos e un zoom máximo de 70 aumentos.
A pantalla do Phone (4a) é tamén AMOLED, cun tamaño de 6,78 polgadas, unha taxa de refresco de 120 Hz e un brillo máximo de 4.500 nits. Está protexida con Gorilla Glass 7i, un vidro que, segundo o fabricante, duplica a resistencia aos riscos da xeración anterior. No interior integra o mesmo procesador Snapdragon 7s Gen 4 e a mesma baterÃa de 5.080 mAh que o modelo Pro.
Ambos dispositivos chegarán co sistema Nothing OS 4.1 baseado en Android 16. Entre as novas funcións inclúense Essential Search, un sistema de busca que permite localizar información a través de distintas aplicacións; Essential Space, que ofrece resultados personalizados baseados nas chamadas Memories gardadas polo usuario; e Nothing Playground, unha ferramenta que emprega intelixencia artificial para crear widgets personalizados.
A compañÃa garante tres anos de actualizacións do sistema Android e seis anos de parches de seguridade para ambos modelos.
O Phone (4a) pode reservarse con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento por 349 euros, mentres que a versión máis completa con 12 GB de RAM e 256 GB alcanza os 429 euros.
Pola súa banda, o Phone (4a) Pro chegará ao mercado europeo cun prezo de 479 euros para a versión de 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB terá un prezo de 549 euros.
VÃdeo de presentación do Nothing (4a)
