Novo monitor de alta definición de Apple
martes, 14 de outubro do 2008- Os novos Cinema Display son ideais para o seu uso cos novos portátiles de Apple
Apple tiña
abandonadas as súas pantallas Cinema Display, que non se renovaban dende hai 2
anos, e que finalmente actualizan as súas prestacións (sen descatalogar os seus
modelos anteriores de 20, 24 e 30 polgadas).
A nova Cinema Display
conta con retroiluminación LED, integra cunha webcam iSight, ten 3 portos USB e
inclúe un cable que integra conector Mini DisplayPort, USB e MagSafe (axudando
a simplificar o escritorio do equipo informático).
O seu tamaño de pantalla é de 24 polgadas e conta cunha resolución de 1.920 x
1.200 pÃxeles (o que se considera FullHD nas pantallas 16:10). Mide 47,84 x
57,32 x 19,71 centÃmetros, pesa 9,5 quilogramos e se
venderá en breve por 820 euros.