Novo monitor de vídeo de Sony para cámaras con obxectivos intercambiables

xoves, 13 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Pensando nas novas cámaras fotográficas e de vídeo de Sony que soportan obxectivos intercambiables presentan o novo monitor LCD acoplable CLM-V55, que cun tamaño de 5 polgadas e unha resolución de 800 x 480 píxeles facilita a visualización das imaxes captadas mentres se grava vídeo en alta definición é de maior tamaño que as integradas nas cámaras e goza dun ángulo de visión superior.
A pantalla pode xirarse en horizontal e vertical para facilitar o seu uso en distintas posicións (incluíndo auto-fotos) e tamén conta con axustes de aspecto (16:9/4:3), volume (integra tanto un altofalante mono coma unha toma para auriculares), brillo, contraste, ton de cor e temperatura de cor. A conexión entre a pantalla e a cámara faise mediante HDMI e pode alimentarse tanto mediante batería como cun adaptador de corrente. Como accesorio inclúe unha viseira para facilitar as gravacións en exteriores.
O monitor de vídeo Sony CLM-V55 chegará ao mercado no mes de marzo.

PUBLICIDADE