Novo número da nosa edición impresa

mércores, 2 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao pulo que dan ao sector TIC o CPEIG e Ineo.
Tamén destacamos outros temas como:
- A web de Facenda da Xunta recoñecida polo seu alto nivel de accesibilidade
- Gradiant leva a cabo importantes avances en materia de procesamento smart da linguaxe
- O CITIC e As Cancelas presentan un sistema para atoparmos o coche de xeito doado
- A Deputación de Pontevedra reúnese co tecido económico para afinar a puntería da CPAE
- Vitae Consultores amosa aos nosos profesionais os segredos da metodoloxía SCRUM
- Novo impulso á dixitalización das nosas aulas
- Medra o número de empresas do hipersector TIC galego
- CCNorte presenta en Lugo unha tecnoloxía para axudar aos deportistas
- A Deputación de Ourense presenta nova páxina web para os seareiros do deporte
- Política Lingüística presenta a nova edición de Lingua de namorar
- Nova edición do Carballo Interplay á vista
- A fibra óptica, amósase como a mellor opción para os nosos centros educativos
- O CPEIG move ficha para fortalecer o noso emprendemento e unha Rede máis segura
- Repasamos a vertente TIC da serie galega Pazo de Familia
- O beneficio neto de Telefónica medrou un 30% en 2015
- Spin2016 xuntará en Santiago centos de emprendedores das dúas beiras atlánticas
- A innovación galega segue a dar exemplos de vitalidade
- Chega dende Lugo o revolucionario xogo educativo Kekotukos Origins

PUBLICIDADE