Novo número da nosa edición impresa

venres, 17 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do DICO Summit e do sétimo aniversario da LaconNetwork, á vez que tamén salientamos o recoñecemento do CITIC como Centro Singular de Investigación. Tamén destacamos outros temas como:
- Ábrese o prazo do concurso Lingua de namorar para fomentar o uso do noso idioma entre a mocidade
- CPEIG e Educación e Cultura recuncan na súa achega conxunta de divulgación TIC
- A FIC falla os seus Premios ao Mellor Traballo Fin de Grao
- AMTEGA e Turismo de Galicia presentan a faciana remodelada de turismo.gal
- A Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL) amplía cobertura
- Preséntase a nova faciana web da Dirección Xeral de Xuventude
- Balidea fai balance da súa actividade recente moi centrada en ampliar mercado
- A Deputación de Lugo presenta unha manchea de cursos TIC para maiores
- Falamos con Marcos Mata, presidente do CPETIG, da situación actual da profesión TI
- Abanca presenta interesantes novidades ao abeiro da súa estratexia tecnolóxico-dixital

PUBLICIDADE