Novo número da nosa edición impresa

venres, 13 de abril do 2018 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unah especial atención á aposta das administracións galegas pola transparencia a través das TIC. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- Entrevistamos no CITIC á experta en ciberseguridade Zoriana Dmytryshyna
- A Deputación da Coruña entrega os seus premios á innovación empresarial
- A Deputación de Lugo reforza a apertura da Fundación TIC á sociedade
- Apróbanse máis de 500 millóns de euros para avanzar na estratexia dixital galega
- Máis de 330.000 galegos terán acceso a redes ultrarrápidas no 2020
- O CESGA acolle unha nova edición do Día das Rapazas nas TIC
- Acudimos á presentación do proxecto A Mariña Virtual
- A Deputación de Ourense achéganos ao talento TIC das mulleres galegas na ICC Week
- As Xornadas de Automatización Industrial (JAI) foron a capital mundial da Industria 4.0
- Henrique Neira volve levarnos da man á historia da informática de Galicia
- José Antonio Constenla achéganos á faciana máis preocupante de Facebook
- O CPEIG lémbranos no Día da Internet das Cousas a necesidade de facer bo uso das TIC
- A Deputación de Pontevedra achega

PUBLICIDADE