Novo número da nosa edición impresa

martes, 12 de xuño do 2018 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia organizada polo CPEIG. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- AMTEGA e Telefónica levarán redes ultrarrápidas a 330.000 galegos das contornas rurais
- O CETISS comezará a súa andaina este verán impulsando iniciativas de eSaúde ou fogar dixital
- A Deputación de Lugo impulsa en 38 concellos o seu proxecto de iluminación de baixo custe
- Lugo promóvese con novos vídeos nas redes sociais
- Víctor Salgado ponnos ao tanto nos detalles do novo regulamento de protección de datos
- Os investigadores do CITIC reciben unha manchea de recoñecementos ao seu labor
- Balidea fálanos dos seus retos, dos obxectivos e dos seus procesos para espallarse no mundo
- Pontevedra e a UVigo quecen motores para acoller a quinta edición da Pont Up Store
- As novas tecnoloxías camiñan cada vez máis da man da sustentabilidade e o respecto polo medio
- Henrique Neira lévanos ao intre en que comezaron as comunicacións telegráficas na nosa terra
- Silvia López Gómez fálanos da súa tese doutoral sobre os videoxogos galegos)

PUBLICIDADE