Novo número da nosa edición impresa

luns, 17 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do 25º aniversario do CESGA, ás iniciativas a prol do emprego tecnolóxico da Deputación de Lugo e aos plans de futuro de GAIN (falando coa súa directora, Patricia Argerey). Tamén abordamos os seguintes temas:
– Mobile Week Coruña mostrou aos múltiples camiños da tecnoloxía para mellorar a nosa vida
– O CPEIG adestra á rapazada galega en navegacións seguras e con cabeciña
– O CITIC colaborou na Mobile Week Coruña con charlas e talleres de formación
– Asinado un acordo entre a entidade provincial lucense e o Museo do Pobo Galego
– R presenta a súa aceleradora de proxectos innovadores e dixitais
– As redes ultrarrápidas xa chegan ao 93% da nosa superficie empresarial ocupada
– A Deputación da Coruña impulsa un espazo de emprendemento TIC en Carballo
– Falamos a Gustavo Gómez, socio director de Bahía Software
– Achegamos unha nova e gorentosa ración de innovación galega con múltiples ingredientes nosos
– Fernando Suárez fai unha proclama para usar as tecnoloxías en beneficio de tod@s
– Achegámonos á realidade diaria dun dos estudios europeos de máis éxito: Gato Salvajes
– O Clúster TIC e Laconnetwork convocan a segunda edición dos galardóns

PUBLICIDADE