Novo número da nosa edición impresa

venres, 2 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Lei de Administración Dixital, repasando os seus principais puntos e conversando coa directora da AMTEGA, Mar Pereira. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O CITIC converteuse na capital mundial do novo estándar de telefonía móbil, o 5G
– Mundos Dixitais converteu en presente o futuro da animación e a realidade virtual
– Boeing e Xunta selan un acordo para impulsar a formación no polo das Rozas
– O CPEIG entregou os seus premios na Noite da Enxeñaría en Informática
– Fernando Suárez analiza para Código Cero o significado da Noite do CPEIG
– Preséntanse nun Demo Day os catro proxectos que participaron na aceleradora de R
– Entrevista a Senén Barro, director científico do centro CiTIUS
– A matemática industrial e as súas posibilidades da man de Peregrina Quintela
– Comeza a dar os primeiros pasos a segunda edición de Mobile Week Coruña
– O CITIC e o ITG fortalecerán o papel da Coruña como capital da I+D
– Henrique Neira transpórtanos á época en que se popularizaron os libros calculadora
– Entrevistamos ao impulsor de Checkin Galicia, axencia de mercadotecnia dixital de Barbanza
– Achegamos unha nova ración de innovación galega con múltiples ingredientes nosos
– En marcha o Centro Tecnolóxico de Barbanza, cooperativa solidaria e innovadora

PUBLICIDADE