Novo número da nosa edición impresa

luns, 11 de novembro do 2019 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega convesamos co secretario de Política Lingüística, Valentín García, e co presidente do CPETIG, Marcos Mata. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación de Lugo activa unha aplicación móbil turística con datos de todos os concellos
– As e os nosos deportistas toman as redes para loitar contra a lacra da violencia de xénero
– Comercio 360 colle impulso para crear a gran rede sustentábel dos nosos establecementos
– Nieves Brisaboa recibe o Premio Nacional de Informática
– O CITIC congregou ducias de expertos en datos masivos no congreso Big Data Coruña
– Bioincubatech converterá Santiago en referente estatal en tecnoloxías bio
– As nosas bibliotecas celebran o mes da ciencia en galego
– Henrique Neira acompáñanos nun percorrido pola presenza do galego no ámbito espacial
– R e o CPEIG queren converter Galicia nun referente en ciberseguridade
– GAIN xunta forzas cos nosos centros tecnolóxicos para facelos avanzar en transferencia
– Medra a porcentaxe de galegas e galegos maiores de 55 anos que se conectan á Rede
– AMTEGA e Vodafone poñen en marcha unha nova edición de Tecnológ@s por un día
– Achegamos unha nova ración de innovación galega con múltiples ingredientes nosos
– Coruña Dixital achega interesantes detalles da súa nova tempada de acontecementos

PUBLICIDADE