Novo número da nosa edición impresa

venres, 8 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao impacto da tecnoloxía en 2020, converténdose no grande apoio que tivemos para superar os duros momentos do confinamento. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Concello de Ames recoñece o compromiso co galego da revista e da web de Código Cero
– O CITIC obtén novos e importantes recoñecementos ao seu labor
– A EGD2030 constitúe o maior investimento dixital da historia de Galicia
– Aumenta nun 4,1% a cifra de fogares galegos con Internet contratada
– Os nosos campus foron un fervedoiro de importantes ideas e contribucións innovadoras
– A Rede de Dinamización Lingüística alcanzou máis de 400 actividades
– O CRPIH publica a primeira base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa
– Os internautas elixen a palabra galega do ano: Nós
– As operadoras aceleran a presenza de fibra óptica na nosa terra
– A UCGAL fai balance das diferentes alternativas de telecomunicacións que temos no mercado
– As empresas e institucións ofrecéronnos no remate de ano un novo menú de innovación galega
– Chega unha nova spin-off do CiTIUS centrada nas vantaxes da IA para a xestión: InVerbis

PUBLICIDADE