Novo número da nosa edición impresa

xoves, 15 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao feito de que a nosa páxina web está a chegar aos 20 anos de vida, ao novo supercomputador do CESGA e ao novo centro de demostración e experimentación da Cidade da Cultura. Tamén abordamos os seguintes temas:
— O CPEIG aposta por solucións globais para garantir a privacidade tecnolóxica dos usuarios
— O CITIC presenta os resultados do seu proxecto a prol da integración: Talentos Inclusivos
— GAIN e AMTEGA súmanse ás celebracións dos 20 anos da web de Código Cero
— A Cátedra de Feminismos 4.0 impulsa un observatorio contra o machismo en liña
— A sociedade galega pecha fileiras no agradecemento común aos coidadores das residencias
— Inaugurado o centro GaiásTEch da Xunta cunha xornada sobre Intelixencia Artificial
— GAIN enxalza a excelencia do sistema galego de innovación
— A RAGC dá a coñecer as iniciativas distinguidas nos Premios de Transferencia Tecnolóxica
— AMTEGA potenciará o software libre nas empresas, na cidadanía e na administración
— Premios polo Super Reto Digicraft ao alumnado de Cambados e Ourense
— O confinamento disparou a práctica do teletraballo e o consumo de contidos dixitais
— Medio Ambiente activa unha ferramenta en liña para facilitar o repoboamento de aldeas
— As empresas e institucións achegan en plena primavera un novo menú de innovación
— AIMEN desenvolve alta tecnoloxía para a fabricación automatizada de dispositivos móbiles
— Política Lingüística entrega os premios da nova edición de Lingua de Namorar
— Entrevistamos ao divulgador científico-tecnolóxico Javier Pedreira Wicho
— Entrevistamos ao escritor e xornalista Lois Oreiro, autor de Os mundos de agora

PUBLICIDADE