Novo número da nosa edición impresa

luns, 9 de maio do 2022 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Letras Galegas, data na que tamén se celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Día das Rapazas nas TIC volveu celebrarse ao grande
– FEUGA, Vitae e a Cámara de Santiago axúdanos a ser expertos en transformación dixital
– Mulleres na Ciencia prosegue o seu periplo anual por 17 centros educativos galegos
– Fernando Suárez, do CPEIG, reflexiona sobre a nova Lei de Servizos Dixitais
– A nova estratexia RIS3 de Galicia redobra a súa aposta pola I+D+i
– AMTEGA comparte a súa experiencia na dixitalización cos maiores no Día da Internet
– O CPEIG avánzanos detalles da nova Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– AMTEGA organiza un desafío tecnolóxico para os maiores a nivel estatal
– A segunda edición de Talentos Inclusivos avanza na resolución de retos
– As Letras Galegas tamén se celebran na Rede
– Chega a revolución dos contidos dixitais en galego
– GAIN infórmamos de todo o que debemos saber sobre InnovaPEME e DeseñaPEME
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Tres anos de Quincemil (falamos con Pablo Grandío)

PUBLICIDADE