Novo número da nosa edición impresa

martes, 24 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos proxectos galegos para vivir mellor grazas á tecnoloxía nas chamadas cidades intelixentes. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O computador cuántico do CESGA será un dos grandes referentes tecnolóxicos europeos
– O CITIC impulsa unha nova edición do programa de vocacións científicas Inspira STEAM
– Novos recursos web para analizar a problemática das candorcas
– Entrevistamos a Antonio Torrado de SDG Group
– A Olimpíada Informática Galega abre o calendario anual das nosas grandes citas TIC
– AMTEGA impulsa un proxecto para recrear virtualmente Galicia e xestionar o territorio
– O uso da Rede entre as persoas de 65 aos 74 anos medra o dobre da media estatal
– Senén Barro debullou as implicacións da IA na apertura de curso da RAGC
– O CPETIG recompila no dossier Antoloxía 2010-2022 os once anos do IURISTICGAL
– A cultura galega achegounos en novembro interesantes exemplos de actividade en liña
– O Portal da Lingua comezou o ano achegando novos recursos para facer voar o galego

PUBLICIDADE