Novo número da nosa edición impresa
mércores, 12 de xullo do 2023
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia do CPEIG, á 3ª edición da feira cientificotecnolóxica Talentos Inclusivos (CITIC) e á loita contra a fenda de xénero por parte de atlanTTic. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A RAGC e GAIN entregan os seus premios á investigación e á comunicación
– Desenvolvido en Galicia un software para estudar doenzas neuropsiquiátricas
– En marcha un novo proxecto de dixitalización empresarial: DiGalicia
– As novas convocatorias de InnovaPeme e DeseñaPeme mobilizarán 9 millóns de euros
– Entrevistamos a Amparo Romero, formadora experta do curso sobre ENS do CPETIG
– O noso Hipersector TIC incrementa as exportacións en máis dun 23% e acada os 108 millóns
– Enredando Tour vaise de xira por Galicia
– Augas de Galicia achega recomendacións sobre o uso da auga para este verán
– A RAG lanzou un ximnasio léxico e entregou os Premios Puntogal
– PolÃtica LingüÃstica entrega os galardóns da duodécima edición de Lingua de namorar
– O CiTIUS lidera un proxecto para crear un panorama TIC de confianza
– Mundos Digitales volve situarnos en primeira liña do novo audiovisual
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Iago Pico, produtor das Tanxugueiras e fundador de Pouland Studios
– Os videoxogos introdúcense en múltiples aspectos da nosa vida diaria