Novo número da nosa edición impresa

venres, 10 de maio do 2024 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á presenza na Rede de Luísa Villalta, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación da Coruña acada o aprobado en materia de ciberseguridade (ENS)
– O CITIC celebrou o Día da Ciencia na Rúa apostando firme polas tecnoloxías inclusivas
– Ricardo Cao recolle o Premio Nacional de Estatística concedido polo INE
– A RAGC e a UVigo homenaxean ao enxeñeiro José Pazos Arias
– O noso sector tecnolóxico xerou preto de 4.000 postos de traballo no último lustro
– Activada na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil
– O CPEIG distinguirá á AETD e a Cristina Vázquez (Teimas)
– Fernando Suárez (CPEIG) analiza o papel do galego na Intelixencia Artificial
– BFAero recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no Funcas 2024
– Política Lingüística e Feiraco lanza unha nova edición do seu concurso de microrrelatos
– Sonia Méndez fálanos dun filme que aborda a hiperconectividade na mocidade
– Volve o Día das Rapazas nas TIC da man do CPEIG, o CESGA e o CiTIUS
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Alba Meijide con motivo da posta en marcha de MD Boutique

PUBLICIDADE