Novo número da nosa edición impresa

mércores, 17 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Maker Faire Galicia en Santiago de Compostela, cidade que tamén puxo en marcha un Espazo Maker na Estación de Cornes. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Formalizada a cesión da Terraza para a sede da AESIA Coruña
– Elo (Grupo Seresco) celebra tres décadas de éxito en solucións de rexistro horario
– A RAGC entrega os seus premios
– Investigadoras do CITIC lideran avances significativos na medicina de precisión en Galicia
– A UVigo presenta o que sería o metaverso máis avanzado no sistema universitario español
– Valentín González Formoso visita en Santiago a sede central de Televés
– Galicia impulsa a transformación do sector lácteo co proxecto SmarTZ4Milk
– A campaña Galicia sabe aMar leva os nosos produtos pesqueiros ao mundo... e ás redes
– A Xunta garante por lei o impulso dunha IA centrada na cidadanía e na igualdade
– AMTEGA activa as axudas á conectividade do Programa Único para persoas vulnerábeis
– O CPEIG celebrou a súa Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– O proxecto Talentos Inclusivos (CITIC) foi premiado na Maker Faire Galicia
– A Xunta reforza a XERA para incrementar a competitividade do sector forestal
– O CiTIUS e o ILM activan Carballo, o primeiro LLM en galego
– Creado un mapa dixital dos topónimos que aparecen nas cantigas profanas galego-portuguesas
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– SDG Group inaugura en Santiago un hub centrado nos datos e a IA
– A industria creativa pecha fileiras contra a IA en Mundos Digitales
– Nace na Coruña a escola para profesionais tecnolóxicos The Key