Novo número da nosa edición impresa

martes, 26 de novembro do 2024 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos proxectos pioneiros desenvolvidos por Balidea en 2024 e a licitación da construción do novo edificio do CESGA. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación da Coruña impulsa a eAdministración en 66 concellos da provincia
– O CITIC pecha con éxito a súa 1ª Semana de Proxectos Internacionais
– Só a cuarta parte das biografías da Wikipedia están protagonizadas por mulleres
– A UVigo publica un libro no que rexistra as diferentes variantes do machismo dixital
– Zona Franca, Cámara de Comercio e Gradiant poñen en marcha o proxecto startTIC
– Tesla Technologies brinda formación avanzada en ferramentas intelixentes
– O CPEIG e AMTEGA premian á rapazada de nove concellos
– Fernando Suárez (CPEIG) móstranos as TIC que poden salvar o planeta
– Máis do 92% dos galegos emprega a Internet, segundo datos do INE
– AMTEGA brinda formación de balde para capacitar en TIC a máis de 45.000 persoas
– Balidea optimiza o ecosistema web do Concello da Coruña
– Vigo presenta un prototipo de coche conectado colaborativo
– Vilagarcía e A Estrada sumáronse á recollida de voces do Proxecto Nós
– Falamos con Rubén Sánchez, xornalista e secretario xeral de FACUA-Consumidores en Acción
– O MUVI presenta nunha exposición o primeiro videoxogo galego da historia
– Presentado na UVigo o libro branco da accesibilidade gamer