Novo número da nosa edición impresa
venres, 27 de decembro do 2024
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao estudio inmersivo que porán a andar na Cidade das TIC, ao futuro da condución autónoma e á tecnoloxÃa galega que chega co aninovo. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Xunta recoñece a innovación en materia de IA do Consello Consultivo de Galicia
– O Biopolo da Sionlla e a Maker Faire converteron Santiago en capital da tecnoloxÃa argalleira
– O CITIC analiza o pasado e o presente da condución autónoma
– A comunidade internauta volve elixir este Nadal a Palabra Galega do ano
– En marcha unha ferramenta cos nomes galegos das aves de Galicia e España
– Os hospitais acollen obradoiros de robótica para a rapazada organizados polo CPEIG e Sanidade
– 240 centros galegos participan en Navega con rumbo
– A Memoria Dixital de Galicia enriquécese con sistemas semánticos
– A IA esperta interese entre as persoas de máis idade en Galicia
– A Deputación da Coruña presenta ante a industria, oficialmente, o Coruña Estudio Inmersivo
– KosmoTech_1200 reconstrúe o Coro do Mestre Mateo coa axuda da realidade virtual
– A cultura avanza na Rede coa programación dos Actos Castelao e a tradución de Bluesky
– O Proxecto Nós sitúa ao galego entre as dez 10 dez primeiras linguas en Common Voice
– Fina Paulos, Óscar Rey e Medulia lanzan un libro en galego que nos achega á realidade da IA
– Unha mostra da USC pon o foco nas nosas relacións afectivas que impón a era dixital
– O alumnado do CPI Domingo Fontán inaugura un xogo dixital sobre cooperación
– A Xunta destinará 150 mil euros en axudas ao sector dos videoxogos