Novo número da nosa edición impresa

luns, 23 de xuño do 2025 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia o 27 de xuño. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O foro Un país coa súa lingua propón a creación dunha plataforma transmedia a prol da lingua
– O CITIC aposta pola ciencia con impacto social
– O Plan galego de investigación e innovación está dotado con 1.310 millóns de euros
– Entrevistamos a Rolando Caldas, impulsor de Pulpo.Con e formador de Vitae
– RETEGAL e AMTEGA activan a 2ª fase da Rede Galega da Internet das Cousas (iCousas)
– Convocada a 2ª edición dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT
– Envita e HC San Rafael, entidades galardoadas nos I Premios á Dixitalización da OAP de Ineo
– Especial 17ª Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– A Secretaría da Lingua impulsa o galego no ámbito relixioso a través dos soportes dixitais
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Susana Rey Baldomir, membro da Oficina de Privacidade e IA de R
– A Maker Faire Galicia arrinca en Santiago a súa XI edición