Novo número da nosa edición impresa
luns, 4 de agosto do 2025
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos iniciativas tecnolóxicas galegas como o Proxecto Nós, o programa Tech Kids e o servizo de correo electrónico Omeu.gal. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A nosa Comunidade incorpórase ao sistema de intelixencia turÃstica de SEGITTUR
– O CITIC reforza a súa proxección internacional Ilia Stepin (CiTIUS) gaña o premio EUSFLAT á mellor tese europea
– PuntoGal e Raiola lanzan Omeu.gal, un servizo de correo electrónico en galego e gratuÃto
– A Xunta e o CPEIG achegan unha nova edición do programa Tech Kids
– Fernando Suárez achéganos aos neurodereitos na era da mente conectada
– AMTEGA confirma o crecemento sostido no uso das TIC cara a súa universalización en Galicia
– AMTEGA e RETEGAL refórzanse contra incidencias prolongadas de subministro eléctrico
– Common Voice incorpora a nosa fala espontánea grazas ao Proxecto Nós
– As Deputacións galegas poñen recursos en xogo para combater a fenda TIC no rural
– O CEIDA emprega tecnoloxÃas GPS para facer seguimento das nosas aves mariñas
– Augas de Galicia realiza unha vixilancia continua dos recursos hÃdricos
– A Coruña acolle a presentación dun proxecto para aplicar a IA na mellora dos servizos urbanos
– As propostas para o Plan de Normalización do Galego canalÃzanse nunha caixa virtual
– Corenta proxectos disruptivos presentaranse na feira Pont-Up Store 2025
– atlanTTic traballa nunha experiencia de Realidade Aumentada enriquecida para o Camiño
– Investigadores da UVigo impulsan dous xogos para mellorar o coñecemento do inglés
– O Museo do Videoxogo achega novidades (e novo horario de verán)
