Novo número da nosa edición impresa
venres, 12 de setembro do 2025
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao inicio do Curso Superior de eAdministración 2025 e á aposta do CITIC coa igualdade. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Clúster TIC Galicia incrementa nun 40% o seu volume de asociados
– En marcha unha plataforma cidadá que informa en tempo real sobre a vaga de lumes en Galicia
– Galicia será pioneira ao regular por lei o uso das TIC nas aulas
– O portal Proxector supera os 2.000 vÃdeos compilados e catalogados
– A Xunta destaca os importantes resultados das súas axudas para fomentar o fesmosismo
– AMTEGA fai balance da aplicación de xestións coa Administración autonómica
– Convocadas máis de mil prazas para facerse coa ComDix nivel Iniciación
– Entrevistamos a Abel Alves, autor da nova webserie O Búnker
– As catro deputacións galegas impulsan novos programas anti-fenda dixital
– O Goberno central fai balance dos seus esforzos para dixitalizar a nosa terra
– O CITIC súmase ao Women in Digital Forum
– A galega Situm transforma a xestión da información xeoespacial en interiores
– O CiTIUS colaborará con Microsoft no desenvolvemento de modelos de IA multilingüe
– Chega a versión 5.0 do corpus Parlamint, no que participan a USC e o Proxecto Nós
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– A SecretarÃa da Lingua e as tres universidades galegas impulsan nas redes unha nova campaña
– Conta atrás para o comezo de XGN e o salón pontevedrés Lérez UP
– A Deputación da Coruña impulsa o emprendemento rural co 2º Rede Coworking Fest
