Novo número da nosa edición impresa
mércores, 22 de outubro do 2025
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos certames dedicados aos creadores de contido en galegos (Youtubeiras e Galetiktokers). Tamén abordamos os seguintes temas:
– INECO-RuralTIC leva a alfabetización dixital aos concellos de menos de 10.000 habitantes
– O CITIC distingue a innovación da nova xeración tecnolóxica galega (Premios XoveTIC)
– Pixel á Feira converterá Compostela na capital galega do videoxogo os dÃas 8 e 9 de novembro
– O CNTG incrementa as horas de formación nun 32% no presente curso
– Entrevistamos a Leti da Taberna
– Abertas as inscricións para participar no evento galego Ciber.gal
– O CPEIG aposta polo fomento da protección tecnolóxica coa súa presenza activa en Ciber.gal
– O MUVI e a Biblioteca de Galicia reivindican e protexen o videoxogo galego
– Os Premios Youtubeiras+ ábrense a todas as redes sociais e todos os formatos
– A 6ª edición dos premios Galetiktokers abranguen este ano tódalas franxas de idade
– Balidea aposta firme pola Intelixencia Artificial responsable
– Galicia activa a liña de comunicación cuántica máis longa de España (CESGA)
– O Centro de Supercomputación de Galicia acollerá unha fabrica europea de IA
– A Deputación da Coruña lanza plataforma para apoiar o comercio local
– Boa parte das contribucións para actualizar o Plan da Lingua poñen o foco no ámbito dixital
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– O ámbito universitario galego achega importantes novidades gamer
