Novo número da nosa edición impresa

xoves, 13 de novembro do 2025 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á nova edición do programa Talentos Inclusivos do CITIC da UDC. Tamén abordamos os seguintes temas:
— A Xunta achegará unha ferramenta para evitar accesos non autorizados aos historiais clínicos
— Prosegue a bo ritmo (e ata o remate do ano) a vacinación progresiva fronte ao gripe e a COVID
— A Lei de recursos naturais impulsará a nosa terra como modelo de sostibilidade ambiental
— Alejandro Paz, de Barreiros, gaña Argallando.gal cun modelo 3D dunha catedral clásica
— Fernando Suárez analiza para os lectores de Código Cero os novos retos da ciberseguridade
— O futuro CECIGA contará dende comezos de 2026 con laboratorios e centros demostradores
— Os procedementos da Administración máis solicitados estarán plenamente dixitalizados en 2027
— Entrevistamos ao experto en ciberseguridade e divulgador Antonio Fernandes
— Víctor & Salgado aposta por deixar clara a fronteira entre música de IA e humana
— GaliciaTIC avoga polo pensamento crítico e a creatividade para afrontar os retos da IA
— R e MasOrange levan a 5G ao 65 % dos nosos concellos de menos de 10.000 habitantes
— Telefónica achega cobertura 5G en 278 municipios
— A Deputación da Coruña ponse de lado co comercio pequeno con Mercanavila.gal
— Valentín García presentou en Euskadi os logros do Proxecto Nós
— As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante