Novo número da nosa edición impresa

xoves, 16 de abril do 2026 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención a varias iniciativas galegas nas que conflúen o audiovisual e as tecnoloxías. Tamén abordamos os seguintes temas:
— Galicia prohibirá difusión dos exames dos alumnos en redes sociais
— O CITIC da Universidade da Coruña e o ITG crean a Cátedra Tecnoloxía Cuántica
— O CESGA volve celebrar en abril o Día das Rapazas nas TIC
— A Deputación da Coruña a representantes da ONU e a AESIA para avanzar na gobernanza da IA
— Fernando Suárez lémbranos a importancia de formar profesionais en tecnoloxías avanzadas
— O CPEIG renova a súa aposta por humanizar a atención sanitaria
— AMTEGA presenta a rede de laboratorios de referencia estatal en ciberseguridade
— Máis de 1.100 centros educativos usan o software libre ofrecido pola Xunta
— A AESIA presenta o seu Laboratorio de Ideas
— A Rede ferve de actividades arredor da escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas
— A cultura galega dá mostras de vitalidade na Rede a través de novidades web e videoxogos
— A Secretaría da Lingua apoia a promoción do galego nas entidades locais con 350.000 euros