Novo número da revista O Barbanza

mércores, 21 de xullo do 2021 Redacción

A nosa publicación mensual O Barbanza chega cun número dobre que aborda como a comarca coa que comparte nome recupera a enerxía compatibilizando turismo, seguridade e grandes proxectos.
Na revista subimos aos miradoiros do Barbanza e abordamos as novas axudas para recuperar o esplendor das vilas da comarca, completando o exemplar coa información máis destacable dos concellos do Barbanza. No número interior realízase un resumo da axenda de actos, saliéntase a supervivencia da esencia dorneira coa LXXIII Singradura e tamén bótase un ollo a novos e avanzados proxectos no ámbito da arquitectura.
Outros temas aos que se realiza un achegamento son os dispositivos de loita contra o lume, o mundo da cultura, a nova Andaina Solidaria de CONGALSA (que recadou 10.000 euros) e tamén falamos coa escritora e directora teatral Esther Carrodeguas.
Esta nova entrega de O Barbanza conta cunha tiraxe de 7.000 exemplares, dispoñibles en numerosos puntos da comarca, podendo tamén consultarse de balde a través da Rede.

PUBLICIDADE