Novo número da revista O Barbanza

luns, 18 de outubro do 2021 Redacción

Un novo número da nosa publicación mensual en papel O Barbanza, está xa na rúa distribuíndo os seus 6.000 exemplares nos concellos da comarca barbancesa. "Un outono de proxectos" é o protagonista deste número 27 no que a comarca do Barbanza inicia con paso firme (e importantes novidades) o remate do verán.
O apoio o espírito empresarial e o seu desenvolvemento, son algúns dos temas que tratamos nesta edición no que pasamos revista aos proxectos de potenciación económica coas claves na dixitalización e a diversificación dos mercados da nova Estratexia de Internacionalización 2021-2025. A industria 4.0 da man de Congalsa, quen implantará tecnoloxía de Visión Artificial nos diferentes elos da cadea do seu sistema de produción e promoverá a dixitalización das súas factorías habilitando tamén técnicas de Realidade Virtual e Aumentada.
Algúns proxectos da comarca e iniciativas das asociacións de empresarios, son tamén recolleitas en O Barbanza mensual que pode, ademais de conseguirse de balde impreso, consultarse e descargarse vía web.
Medio ambiente e turismo son outros dos temas tratados neste número no que lembramos na historia, ás heroínas de Sálvora o enfilar o derradeiro trimestre do ano no que conmemoramos o afundimento do vapor- correo Santa Isabel e tamén os barbanceses en Mauthausen. Actividades culturais, literarias e a toponimia completan este número de outubro.

PUBLICIDADE