Novo número da revista O Barbanza
xoves, 7 de setembro do 2023
Como cada mes
chega un novo
número da edición impresa de O Barbanza, publicación do Grupo Código
Cero Comunicación, que no seu número 51 está xa en distribución na comarca do
Barbanza e trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos das festas e
actividades da zona.
Nesta edición
destacamos as catros grandes celebracións coas que remata o verán, Santa UxÃa,
o Carme, Nazareno e A Guadalupe, e facemos unha homenaxe a Borobó, cun artigo
de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán e seguimos coa
lembranza de Carlos GarcÃa Bayón do que nos escribe, Xosé Antonio Ventoso
Mariño, ex-alcalde de Ribeira e ex-deputado autonómico. Falamos tamén con novo
alcalde de A Pobra, José Carlos Vidal Suarez, con quen iniciamos unha serie na
que irán pasando os rexedores da comarca.
E coma sempre o
turismo, a cultura, a historia e a actualidade completan este número de O
Barbanza que, como é habitual, está
xa en distribución de balde en todos os concellos da comarca barbancesa cunha
tiraxe de 6.000 exemplares e que se pode conseguir en numerosos puntos ou
ben descargalo
en PDF ou ben lelo nas
distintas plataformas como PC, tableta e móbil.
Por outra banda a
web obarbanza.gal bate marcas este mes de agosto superando os 104.072 usuarios.
Supón que de media accederon o diario dixital 3.357 usuarios únicos/dÃa.
O crecemento nos
últimos doces meses de visitas foi dun 423 %, mentres que os usuarios únicos
aumentaron nun 261,95 %. Durante o mes de agosto do ano 2023 léronse de media
12.699 novas/dÃa.
No que vai de ano
2023 acadáronse xa 522.550 visitas con 254.395 usuarios únicos, convertendo O
Barbanza no segundo medio de comunicación da comarca.