Novo programa de formación familiar sobre educación dixital
luns, 10 de novembro do 2025
A Xunta de Galicia vén de pór en marcha o programa Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade, que prevé ata 250 obradoiros formativos dirixidos ás familias co obxectivo de ofrecerlles ferramentas e coñecementos que lles axuden a acompañar e orientar aos seus fillos no uso seguro, responsable e positivo das tecnoloxÃas no ámbito familiar e de lecer.
Este novo programa, integrado na Estratexia galega de convivencia escolar 2025, reforza o papel esencial da contorna familiar para promover o benestar e a convivencia coas novas tecnoloxÃas, ao tempo que impulsa o modelo de ensino hÃbrido en Galicia, que combina métodos tradicionais con ferramentas dixitais e aproveita as súas vantaxes. Un dos piares deste modelo é precisamente o traballo coas familias en cuestións de información, benestar e seguridade dixital.
Neste marco, a ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a AMTEGA abriron a convocatoria ata o 25 de novembro para que os centros educativos se adhiran ao programa, que consiste nun obradoiro de carácter práctico centrado na xestión segura e responsable dos dispositivos electrónicos e das redes sociais que empregan habitualmente os menores.
Dirixido a familias con fillos de entre 10 e 18 anos
Menores conectados está pensado para familias con fillos de entre 10 e 18 anos, que poderán participar nos obradoiros a través do seu centro educativo. As sesións, unha por centro, desenvolveranse entre decembro deste ano e xuño de 2026. Terán unha duración de hora e media, serán presenciais e estarán impartidas por especialistas, con grupos de entre dez e cincuenta persoas.
Nestes obradoiros trataranse temas como os principais riscos dixitais e a súa prevención, a configuración de ferramentas de privacidade e seguridade en redes sociais, videoxogos e dispositivos móbiles, o acompañamento e a supervisión dixital, a xestión saudable do tempo de pantalla ou o coidado da pegada dixital e da privacidade na Internet. Ademais, facilitaranse recursos prácticos para que as familias poidan aplicar o aprendido de inmediato.
O programa forma parte do conxunto de accións da Xunta para reforzar o ensino hÃbrido en Galicia, que abrangue contidos, formación do profesorado, seguridade, benestar dixital e información ás familias. Precisamente para responder á demanda destas últimas, refórzase agora este ámbito con accións formativas especÃficas dirixidas a nais e pais nos propios centros escolares, co propósito de fortalecer o seu coñecemento dixital e fomentar un uso das tecnoloxÃas máis seguro e confiado.
