Novo programa formativo sobre tecnoloxÃas para desenvolver xemelgos dixitais
luns, 27 de abril do 2026
A Xunta puxo en marcha esta semana un itinerario formativo centrado nas tecnoloxÃas xeoespaciais aplicadas ao desenvolvemento de xemelgos dixitais. O programa suma máis de 500 horas de formación distribuÃdas en cinco módulos temáticos, que se impartirán en distintas sesións entre maio e xuño. O prazo de inscrición para os primeiros cursos xa está aberto a través da páxina web do Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG).
A iniciativa xorde da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, co obxectivo de favorecer a especialización de profesionais do ámbito tecnolóxico, aÃnda que tamén está aberta a calquera persoa interesada. Nas vindeiras semanas abordaranse diferentes aspectos vinculados aos xemelgos dixitais, tanto desde unha perspectiva técnica como de xestión, con contidos sobre IoT e integración, Big Data, xestión de fluxos en tempo real, visualización e análise avanzada, asà como gobernanza, seguridade e calidade do dato.
Este itinerario forma parte do proxecto Aceleración de Ecosistemas de Emprendemento e Innovación baseados en Xemelgos Dixitais, integrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.
