Novo rato sen fíos con tecnoloxía BlueTrack

venres, 19 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O catálogo de ratos informáticos de Microsoft medra incorporando un novo modelo sen fíos con tecnoloxía BlueTrack. Trátase do Microsoft Wireless Mobile 4000, que é un rato de pequeno tamaño (pensando no seu uso en ordenadores portátiles) que se comunica sen fíos na banda dos 2,4 GHz (para o que conta cun receptor USB de tamaño minúsculo) e destaca especialmente por empregar a mencionada tecnoloxía óptica BlueTrack (que permite a precisión dun rato láser, sendo capaz de funcionar sobre case calquera superficie), ten 4 botóns personalizables, permite o desprazamento en 4 direccións, aproveita Windows Flip para o cambio rápido de aplicacións en Windows 7 con só premer un botón e a súa autonomía permítelle funcionar durante 10 meses cunha única pila alkalina AA.
O rato é compatible con Mac e Windows, terá unha ampla gama de cores dispoñibles e chegará ás tendas en agosto cun prezo de 39 euros.

O rato porase á venda en distintas cores

PUBLICIDADE