Novo reprodutor de Blu-ray de Samsung con soporte de 3D

martes, 7 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Os distintos fabricantes de reprodutores de Blu-ray están a actualizar os seus produtos para incorporarlles soporte para as películas en formato Blu-ray 3D, e o último que sabemos que fixo tal foi o Samsung BD-C8900, que xa incorpora saída HDMI 1.4 con 3D, soporta audio HD, DTS HD Master Audio e incluso conta co motor de aplicacións Internet@TV, de xeito que a través da súa conexións Wi-Fi pode acceder a unha serie de widgets da tenda de aplicacións Samsung Apps.
O Samsung BD-C8900 tamén pode acceder a contidos almacenados noutros equipos mediante a súa función AllShare, pode adquirirse con disco duro de 250 ou 500 Gb, incorpora dobre sintonizador de televisión e tamén conta con conectividade USB 2.0, facilitando así a carga de contidos coma películas en formatos coma o DivX ou o MKV.
Sae á venda en setembro por un prezo de 699 euros, o que parece un tanto desproporcionado se temos en conta que moitas das súas funcionalidades poderían están dispoñibles dende unha consola PlayStation 3 de Sony.

PUBLICIDADE