Novo reprodutor de MP3 resistente á auga

xoves, 24 de maio do 2007 Marcus Fernández

TwinBird conta no seu catálogo un reprodutor de MP3 resistente á auga, de xeito que se pode empregar na ducha, en cociñas ou noutros lugares húmidos sen correr o risco de que a auga o avaríe.
O SD Zabady inclúe 128 Mb de memoria interna, que se pode incrementar mediante tarxetas de memoria SD de ata 2 Gb, pesa 240 gramos, reproduce ficheiros MP3 e WMA e funciona con pilas AAA que lle dan unha autonomía dunhas 18 horas.
Actualmente véndese no Xapón por 15.750 iens (96,54 euros), podendo resultar moi atractivo coa chegada do verán, onde as praias e piscinas son lugares onde a música fai moita compaña e os dispositivos resistentes á auga resultan evidentemente prácticos.

PUBLICIDADE