Novo reprodutor multimedia doméstico de Pinnacle
luns, 21 de abril do 2008
En maio se comezará a vender en España o Pinnacle
ShowCenter 250HD que é un impresionante reprodutor multimedia compatible
con UPnP AV (ou sexa, que pode achegar contidos de servidores baixo este
formato, o que podería incluír a ordenadores con Windows XP, Vista ou Mac OS X).
O dispositivo inclúe tanto porto Ethernet coma conexión Wi-Fi, o que é o seu
punto máis destacable, e tamén soporta numerosos formatos de audio (MP3, WMA,
WMA Pro, WMA sen perda e WAV PCM) e vídeo (WMV, WMV-DRM, MPEG-1/2/4 e XviD ata
1.080 liñas en entrelazado). Os contidos poden estar en equipos conectados en
rede ou en dispositivos aos que se conecte por USB.
Para conectar ou televisor podemos empregar as súas saídas por compoñentes, por
composto, S-Video e mesmo de audio dixital. O sinal de vídeo pode ser de alta
definición pese a non
contar con saída HDMI.