Novo reprodutor multimedia portátil Philips GoGear Muse
xoves, 25 de febreiro do 2010
Os reprodutores multimedia portátiles cada vez
apuntan máis alto no tocante á calidade dos seus vídeos, de aí que non debera
sorprende que o Philips GoGear Muse vaia contar
cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas con resolución HVGA e saída HDMI que é
capaz de reproducir vídeos en alta definición a 720p. Tamén conta con sintonizador
de radio FM e unha memoria interna de 8, 16 ou 32 Gb ampliable mediante
tarxetas microSD.
Opera con Android e promete ser un digno rival do iPod e o Zune HD, aínda que para
competir con estes terminais Philips xa está a preparar o GoGear Connect,
reprodutor que a maiores incluirá Wi-Fi, GPS, acelerómetro e cámara de fotos.