Novo reprodutor multimedia portátil con sintonizador de TDT

mércores, 11 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os televisores portátiles non son algo moi habitual, e as pequenas pantallas dos móbiles tampouco parecen o dispositivo máis axeitado para ver a televisión, aínda así, o fabricante Skardin lanza este outono o seu reprodutor multimedia portátil HT-250 que na súa pantalla TFT de 2,4 polgadas pode reproducir películas en formatos MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4, XviD e DivX achegadas a través de tarxetas de memoria SD ou MMC e completa esta funcionalidade cun sintonizador DVB-T, ou sexa, que de atoparnos nun lugar con boa cobertura, poderiamos recibir a programa da Televisión Dixital Terrestre.
Este tipo de dispositivos están gañando popularidade grazas a que permiten un consumo audiovisual individual, de xeito que os seus usuarios poden ver dende a televisión ata contidos descargados da Internet sen monopolizar os televisores domésticos, gañando popularidade entre os usuarios máis novos, que non ven nos DVD portátiles a única opción multimedia móbil, preferindo achegar contidos noutros formatos.

PUBLICIDADE