Novo sistema de almacenamento en rede con soporte de BitTorrent
luns, 11 de xuño do 2007
QNAP lanza un novo servidor de almacenamento en
rede todo-en-un, que funciona coma
sistema centralizado de compartición de arquivos, servidor de impresión,
servidor de FTP e sistema de copias de seguridade que incluso integra un
servidor web con soporte de PHP e MySQL, é compatible co servizo de Directorio
Activo de Windows, soporta DNS dinámico, pode funcionar coma servidor de iTunes
(para compartir a nosa música con tódolos equipos da nosa rede doméstica) e
mesmo descarga
ficheiros da rede BitTorrent.
O QNAP TS-109 Pro
Turbo Station pode incluÃr no seu interior un disco duro SATA de ata 1 Tb
de capacidade, que se pode ampliar mediante un USB 2.0 e eSATA, o que incluso
serve para replicar o disco interno (RAID-1), o que tamén se pode facer remotamente,
ou sexa, que se poderÃa replicar o disco actual noutro sistema NAS de QNAP.
Temos aquà unha interesante solución de almacenamento en rede silenciosa (non
ten ventilador) e de baixo consumo (só 14,4 W) moi atractiva para as PEME.