Novo tablet con Windows 7 de Fujitsu

luns, 28 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Estes días bota a andar en Hannover (Alemaña) unha nova edición da feira tecnolóxica CeBIT, o que aproveitan moitos fabricantes para dar a coñecer novos produtos, coma o Fujitsu STYLISTIC Q550, un novo dispositivo tipo tablet que funciona con Windows 7 e que promete un nivel de seguridade suficiente para empresas e institucións públicas.
Este novo equipo inclúe un sistema avanzado de protección anti-roubo e seguridade adicional para que os datos almacenados no mesmo permanezan protexidos de miradas alleas en caso de subtracción.
O Fujitsu STYLISTIC Q550 conta cunha pantalla de 10,1 polgadas multit-actil e con soporte dun lapis sensible á presión (incorporando software de recoñecemento de escritura), 30/60 Gb de almacenamento, Wi-Fi, Bluetooth e opción 3G. O seu prezo de venda en Europa será de 699 euros.

PUBLICIDADE