Novos teléfonos encartables de Vivo
martes, 26 de marzo do 2024
O fabricante chinés Vivo leva dende 2022 competindo cos encartables de Samsung, e agora presenta os novos Vivo X Fold3 e Vivo X Fold3 Pro, que destacan pola súas completas prestacións e xenerosas baterÃas , facendo que apostar por un smartphone con pantalla encartable non supoña prescindir de caracterÃsticas dun móbil de alta gama.
O Vivo X Fold3 Pro é un smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 que permÃtelle situarse comodamente na alta gama, ao que tamén contribúen as súa cámara traseira tripla asinada por ZEISS con sensores grande angular e ultra grande angular de 50 MpÃxeles e un teleobxectivo 3x de 64 MpÃxeles.
A súa pantalla encartable é de 8,03 polgadas cunha resolución de 2.480 x 2.200 pÃxeles, mentres que a pantalla exterior é de 6,53 polgadas cunha resolución de 2.748 x 1.172 pÃxeles. Sorprende a súa xenerosa baterÃa de 5.700 mAh con carga rápida con cable de 100 watts e sen fÃos de 50 watts, asà como o feito de que o móbil aberto teña un grosor de só 5,2 milÃmetros, aÃnda que o seu peso si que é considerable (236 gramos).
En China pode adquirirse por 9.999 iuans (1.278 euros) na súa versión con 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento, mentres que a versión con 1 TB de almacenamento ten un prezo de 10.999 iuans (1.406 euros).
Para usuarios menos esixentes lanzan o Vivo X Fold3, que realizan concesións como limitar o seu procesador ao Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 e contar cunha baterÃa de menor capacidade (5.500 mAh), carga máis lenta (80 watts) e sen carga sen fÃos. En contrapartida, o seu modelo máis económico, con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, ten un prezo de só 6.999 iuans (895 euros), polo que pode ser un produto moi atractivo para quen desexe entrar no mundo dos móbiles encartables.
Polo momento descoñécese se Vivo traerá estes dispositivos ao mercado europeo.