Novo televisor resistente á auga de Saytes

luns, 14 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Atendendo ás dificultades de situar televisores en lugares reducidos ou con moita humidade, Saytes presenta o seu televisor S1901, que ten un panel LCD de 19 polgadas, un peso moi lixeiro e tanto o televisor coma o seu mando a distancia son resistentes á auga (cumprindo coa normal IPX-5).
Este curioso televisor podería colocarse así en localizacións nas que puidese estar exposto á choiva ou preto dunha ducha, unha bañeira ou unha piscina, inclúe brackets para facilitar a súa instalación na parede e os seus 7,5 centímetros de profundidade fano axeitado para colocar sen ocupar moito espazo.
Conta con conexións para antena, DVD e VGA (con opción HDMI) e véndese en distintas cores (prata, branco e negro).

PUBLICIDADE