Novo todo-en-un de Acer con pantalla 3D e recoñecemento de xestos
xoves, 28 de abril do 2011
Nos últimos dÃas
non paran de saÃr novos equipos con pantalla 3D con lentes, aos que agora únese
o Acer
Aspire Z5763, un ordenador todo-en-un
que ten unha pantalla Full HD de 23 polgadas compatible con lentes nVIDIA 3D
Vision (integra o emisor de infravermellos preciso) e que destaca polo uso da
tecnoloxÃa AirControl, que consiste no aproveitamento da súa webcam de 2
MpÃxeles para recoñecer os xestos do usuario para a reprodución multimedia ao
máis puro estilo do Kinect da Xbox 360.
Este equipo venderase a partir de mediados do mes de maio cunha gráfica nVIDIA GeForge GT 440 ou 435M, procesador Intel Core i5 a 2,5 ou 2,7 GHz ou Intel Core i7 a 2,8 GHz, unidade de
Blu-ray, ata 2 Tb de disco, ata 16 Gb de RAM, altofalantes integrados, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, sintonizadora
de televisión opcional e un prezo de saÃda que no Reino Unido será de 999
libras esterlinas (1.124 euros).