Novo trackball de Kensington
venres, 16 de xaneiro do 2009
O fabricante Kensington introducirá
no mercado antes de rematar o mes o seu novo SlimBlade Trackball
para Mac e PC, que permitirá
un novo nivel de control, comodidade e facilitade de uso, combinando
o seu hardware cun software que facilita a navegación e manipulación de
contidos dixitais, que aparte do movemento da bola coma nos trackballs tradicionais tamén
aproveitará a súa rotación para distintas funcións (coma moverse entre
documentos e fotografÃas, ampliar imaxes ou axustar o control multimedia).
O SlimBlade é compatible con Mac OS X 10.5, Windows XP e Windows Vista, asÃ
como con multitude de aplicacións: os navegadores Internet Explorer, Firefox e
Safari; os programas de retoque fotográfico Photoshop Elements, Lightroom,
iPhoto e Aperture; os visores Adobe Reader e Vista Previa (Apple); e as
ferramentas de produtividade Excel, Word, Numbers e Pages.
Por desgraza, este interesante dispositivo ten un prezo que o afasta dos
usuarios domésticos, pois se pode encargar
en tendas coma Amazon por 129,99 dólares (aÃnda que o seu prezo
oficial serÃa de 149,99 dólares).