Novo ¿ultraportátil? de Dell
luns, 27 de outubro do 2008Un novo
ultraportátil chega ao catálogo de Dell, o Inspiron
Mini 12, que poderÃa ser o equipo que debuxase a fronteira entre os
portátiles e os ultraportátiles, posto que este ordenador con procesador Intel
Atom e un peso de 1,2 Kg. incorpora unha pantalla de 12,1 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, o que para moitos xa entrarÃa na serie de
portátiles pequenos, polo que podemos considerar que este novo produto marcarÃa
a liña de separación.
O Inspiron Mini 12 vén cun disco duro de 80 Gb, 1 Gb de RAM, webcam, Bluetooth
e Wi-Fi, e polo
momento só se vende no Xapón, agardándose a súa chegada aos EE.UU. o
vindeiro mes a preto de 600 dólares (polo que tamén queda claro que non se lle pode
aplicar o apelido do baixo custo), incluÃndo por defecto unha
baterÃa de 3 celas, coa opción de encargalo cunha de 6 celas que poderÃa
achegar unha autonomÃa de preto de 6 horas.
AÃnda non se coñece a data de lanzamento do novo equipo en Europa, pero se algo
resulta rechamante do novo portátil é que se
poderÃa adquirir con Windows Vista Home Basic (aÃnda que non parece
que estea á altura do sistema operativo de Microsoft) contando tamén coa opción
de adquirirse con XP ou Ubuntu Linux.