Novo vídeo-timbre sen contacto

luns, 11 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

A empresa de seguridade Alarm.com está a presentar un novo porteiro automático con vídeo para entradas principais que chega como resposta á situación sanitaria actual, xa que trátase dun timbre sen contacto, ou sexa, que en vez de activarse con premer un botón chega con situarse sobre o felpudo que hai diante da porta. Unha vez feito iso, soa o timbre da porta e o propietario do fogar tamén recibe unha notificación no móbil para poder ver a distancia o que capta a cámara do timbre e poder interactuar mediante voz coa persoa que ten fronte a súa porta (que tamén pode abrirse a distancia mentres a cámara grava na nube).
Dende Alarm.com aseguran que este sistema detecta unicamente a persoas sobre o felpudo (ou sexa, que non se activaría co paso dun animal ou por deixar sobre o felpudo un paquete), e pode resultar curioso ver como optaron porque a cámara recollese un cambio de visión de 150 graos en vertical, permitindo así que se vexa aos visitantes de arriba a abaixo e se levan ou deixaron algún paquete fronte a porta. A cámara ten unha resolución Full HD e tamén inclúe HDR e visión nocturna. Incluso integra un sistema que quede o dispositivo para poder operar a baixas temperaturas.

Vídeo promocional do novo timbre de Alarm.com