Novos MacBook Air con procesadores M3

luns, 4 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Apple anunciou hoxe o novo MacBook Air, que como principal novidade conta cun potente chip M3, que presume de conseguir un rendemento até un 60% superior ao do modelo con chip M1, e que grazas á incorporación do Neural Engine en tal procesador asegura ser un portátil ideal para tirar proveito da intelixencia artificial.
O equipo chega en tamaños de pantalla de 13,6 e 15,3 polgadas, cun deseño fino e lixeiro, unha autonomía de até 18 horas e unha pantalla Liquid Retina (con até 500 nits de brillo), destacando especialmente o feito de que agora soporta até 2 monitores externos (cando a pantalla principal está inactiva) e incorporación compatibilidade con Wi-Fi 6E (dobrando en velocidade de transferencia ao MacBook Air de anterior xeración).
O novo portátil de Apple estará dispoñible a partir do vindeiro venres, cun prezo que parte dos 1.299 euros para o modelo con 8 GB de memoria unificada e 256 GB de almacenamento (cunha pantalla de 13 polgadas), até os 2.979 euros que custa a versión con 24 GB de memoria unificada, 2 TB de almacenamento e pantalla de 15 polgadas.

Unha das novidades máis importantes dos novos MacBook Air é a posibilidade de poder traballar con até 2 monitores externos (coa pantalla principal inactiva)