Novos altofalantes de Sonos
martes, 10 de marzo do 2026
Tras un par de anos sen lanzar novos produtos, Sonos presenta dous novos altofalantes co obxectivo de reforzar o catálogo de sistemas de audio: os Sonos Play e Sonos Era 100 SL. Chegan cun enfoque centrado na simplicidade de uso e na integración dentro do sistema multiroom da compañÃa, permitindo crear unha experiencia sonora conectada que pode ampliarse progresivamente por toda a casa.
Os novos altofalantes representan dúas portas de entrada diferentes ao ecosistema Sonos: un altofalante portátil pensado para acompañar ao usuario dentro e fóra da casa e un modelo doméstico máis accesible que simplifica o acceso ao sistema da marca.
Sonos Play: un altofalante portátil pensado para calquera escenario
O Sonos Play é o novo modelo portátil da compañÃa e pretende situarse como o máis versátil da súa gama. Cun deseño compacto e resistente, está pensado para poder utilizarse tanto dentro do fogar como en exteriores.
O dispositivo ofrece son estéreo e graves potentes nun formato reducido, cunha arquitectura acústica inspirada no modelo Move 2. Incorpora baterÃa con ata 24 horas de autonomÃa e certificación IP67, o que garante resistencia á auga e ao po. Ademais, integra un anel de silicona que facilita o transporte ou permite suxeitalo a unha mochila, unha tenda de campaña ou un soporte na parede.
Entre as súas caracterÃsticas máis destacadas atópase a posibilidade de integrarse plenamente no sistema Sonos a través de Wi-Fi, funcionando como unha estancia máis dentro dunha configuración multiroom. Tamén pode empregarse mediante Bluetooth cando non hai conexión á rede doméstica.
Por primeira vez nun dispositivo portátil da marca, é posible agrupar varios altofalantes directamente desde unha conexión Bluetooth. O usuario pode sincronizar ata catro unidades Sonos Play (ou outros modelos compatibles como Move 2) para crear unha experiencia sonora conxunta en calquera lugar.
O altofalante incorpora tamén tecnoloxÃa Trueplay, que analiza automaticamente a acústica do espazo e adapta a ecualización para optimizar o son en cada ambiente. Ademais, inclúe un porto USB-C con varias funcións: cargar o altofalante, alimentar outros dispositivos como o teléfono ou utilizar unha entrada de liña para conectar, por exemplo, un tocadiscos.
Era 100 SL: unha entrada máis accesible ao ecosistema Sonos
O Era 100 SL herda a mesma arquitectura acústica do Era 100, polo que mantén o son estéreo equilibrado e os graves profundos caracterÃsticos da serie. A principal diferenza é que prescinde dos micrófonos integrados, polo que non incorpora control por voz.
Esta decisión permite reducir o prezo e converter o modelo nunha opción especialmente interesante para quen busca ampliar o sistema Sonos ou crear unha configuración de cine doméstico. De feito, dous Era 100 SL poden empregarse como altofalantes traseiros combinados cunha barra de son Sonos, como Arc Ultra ou Beam, para crear unha experiencia envolvente.
O altofalante inclúe conexión Wi-Fi e Bluetooth, compatibilidade con Apple AirPlay 2 e a posibilidade de conectar fontes externas mediante un adaptador de entrada de liña. Ademais, integra a tecnoloxÃa Trueplay, que analiza a acústica do espazo e optimiza a reprodución sonora (neste caso requÃrese un dispositivo iOS para realizar o axuste).
O deseño compacto permite situalo en estantes, encimeiras ou mesas auxiliares, mentres que a compañÃa destaca o uso de plásticos reciclados posconsumo e un embalaxe totalmente reciclable como parte da súa estratexia de sustentabilidade.
Un ecosistema que crece co usuario
Para Sonos, estes novos dispositivos reforzan a idea dun sistema de audio pensado para evolucionar co paso do tempo. O ecosistema da compañÃa permite combinar altofalantes, barras de son e outros dispositivos para reproducir música, podcasts, televisión ou cinema en diferentes habitacións.
Os novos Sonos Play e Sonos Era 100 SL xa poden reservarse desde o 10 de marzo a través da web da compañÃa e en distribuidores autorizados. O lanzamento comercial está previsto para o 31 de marzo de 2026, cun prezo de referencia de 349 euros para o Sonos Play e 199 euros para o Era 100 SL.
